Atravesóuseme unha pedriña no camiño mentres patinaba (e contrariando o que di o clásico, parei de rodar, iso si, sigo sendo a raíña do espatife). Minúscula. Nin se vía desde metro e medio de altura. E alá vou eu, cunha elegancia incomparable, de pernas para o ar e cu para o chan. O impacto foi de tal violencia que destas horas debe de andar a GNR á miña procura para me pasar a factura dos danos provocados ao bater eu co matapiollos da man esquerda no pavimento...
Non foi iso o peor, con todo. Para eludir as pescudas policiais, nada máis chegar á casa fun ao conxelador, á procura dunhas pedras de xeo que disimulasen a inchazón do matapiollos (o cu... nin con esas me incha). Que inxenua! Desde cando hai xeo nunha casa en que o malta se engole a seco, coma as mágoas? Había, porén, nun dos moldes, un líquido en estado sólido de aspecto noxento. En fin, dixen, contrariando o refrán "menos dá unha pedra", pois neste caso, unha pedra (de xeo) había dar máis. Envolvín aquilo nun pano e apliqueino no dedo até que me arrefeceu tanto que máis me doía do frío ca do golpe que con saña propinara ao duro chan que arremeteu contra o meu corpo fráxil.
Aos dous segundos, xa estaba eu no teclado, cando un fedor ao peixe —que non me dá saído do nariz, dez horas despois— comezou a invadir o ambiente. E eu dálle que dálle a torcer o fociño até que caín da burra... e lembrei que nun pasado remoto conxelara caldo de peixe nos moldes do xeo. Proba de que non hai como os cheiros para espertar a memoria.
P.S.: Ninguén veu ultimamente tempo tomar un whisky con xeo por aquí, ou? Aínda ben.
7 comentários:
Pero o matapiollos da man esquerda sanó co caldo de peixe ou non?
Minha pobre! Tardarei em parar de rir! Genial a anedota! Espero que nao seja nada... Beijinhos.
Digamos, Ella, que este corpo meu moita cura xa non ten e o que se estraga, estragado queda.
Ri, ri, Pau, que non ganho juízo.
E non, non foi nada ao que puido ser, que se di. ;)
Sun Iou, ainda estou a rir da história... com atraso porque somente agora a li. Mas pront[us], é assim, não achas que tens de procurar algum passatempo menos perigoso que isso dos patins? Sei lá, algo que provoque menos danos como caçar crocodilos com as mãos, por exemplo?
Ah, o uisquinho... guarda para mim na próxima visita!
Se houvesse cá crocodilos já estava nisso, Oscar, mas cá os únicos bichos que mordem são as melgas.
O uisquinho está sempre guardado para os amigos. Prometo ter gelo decente.
Enviar um comentário