Mostrar mensagens com a etiqueta horta. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta horta. Mostrar todas as mensagens
segunda-feira, 9 de junho de 2014
quarta-feira, 21 de dezembro de 2011
A horticultora insuficiente
Por non só ver se medran se non as nabizas e os repolos corazón de boi, plantei ervellas. Agora é así: de cando en cando, asexo na horta na esperanza de que asome o rebento dalgunha herba produtiva. Polo de agora, para o meu desespero, continúan a gañar as outras, as que só gasto dan na terra e no corpiño e nin cabra alimentan. E falando en cabras, o meu futuro veciño gañou xuízo (e eu perdín fedores), pois trocou o bravún no ar polas verzas en terra. E está bonito de ver o campo, cos seus regos dereitiños —que eu ben llos vin trazar a cordel— e as plantas de follas a secar ao sol a poalla de onte día enteiro. Díxome, amais (pena non acordara antes!), que cando quixese, podía apañar para un cocido. Vou ter que plantar un porco, logo. El será tempo?
domingo, 20 de novembro de 2011
A horta
Ver os repolos medrar como quen ve pasar navíos. Nada máis, nin menos. No fondo é inventar un motivo para escribir. Razóns non se necesitan. A escrita é unha arroutada, como arroutada é a horta. Un amigo díxome que estaba a aprender a escribir na terra. Mesmo con liñas tortas, como deus, penso eu. Porque agora son un deus doméstico, á miña medida, que crea vida para devorar. É ademais un xeito subtil de asentar raíces e marcar límites: está terra é miña, talvez non legalmente, pero é de meu. É aquí onde eu son, por fin, onde constrúo a miña illa, rodeada dun foxo de distancias, de negativas, de recusas. Só de min non fuxo máis.
Mentres leo, mentres escribo, sinto reverberar os golpes da eixada nos pulsos, a eixada que racha a terra, o anciño que a peitea, o sacho a repenicar contra os croios. O corpo resiste os embates. Ningunha dor que poida sobrevir supera a que xa está instalada.
Mentres leo, mentres escribo, sinto reverberar os golpes da eixada nos pulsos, a eixada que racha a terra, o anciño que a peitea, o sacho a repenicar contra os croios. O corpo resiste os embates. Ningunha dor que poida sobrevir supera a que xa está instalada.
Subscrever:
Mensagens (Atom)