domingo, 24 de fevereiro de 2013

Parábola

Un casco de cervexa lanzado a contra forte-vento-norte desde un coche describe unha traxectoria curva contraria á pretendida polo descerebrado que a lanza, isto é, non cae ao río para contaminacións futuras talvez do mar que é o morrer, antes, digo despois, voa por riba do vehículo que xa desapareceu da vista e descende vertixinoso sobre a beirarrúa sur da ponte pola que eu bicicleticamente circulo distraída dos perigos pois que a salvo cándida me cría de tránsitas ameazas para ir parar á bota en que rebota de volta á estrada, xusto a tempo de o escacharen, crach-cras-cris, os pneumáticos, pam-pfff-crgh, rachados do vehículo que lle pasou porriba.

sexta-feira, 22 de fevereiro de 2013

E agora a tenrura?

Hai un par de anos e medio, non teño dúbida, despois da consulta, escribiría un texto coma mínimo mordaz. Hoxe non, nin onte, e seguramente, mañá tampouco. Sáenme as palabras amargas, preñes de ácido cianhídrico, así tóxicas, e non podo, sequer, chapar unha onza de chocolate que neutralice o envelenamento progresivo do discurso.

sexta-feira, 1 de fevereiro de 2013

Piano

Fiquei de olhos fechados a ouvir...

Isto, que podia ser o início dum poema, não foi nada: adormeci.

O máis difícil foi encontrar título.