Agora que, grazas non sexan dadas ao facebook, tan desvalorizada está a palabra "amigo", propoño recuperar a expresión con que na aldea segoviana onde naceu miña nai e eu pasaba as vacacións, pediamos para incorporarnos a un grupo, non à procura de amizade, senón simplemente para participar nos xogos e as excursións durante o tempo que estivésemos alí, equivalente ao "Podo xogar convosco?" que lles oio agora aos rapaces.
"Majuntais?", deciamos. As caras todas volvíanse e unha das raparigas ou rapaces do grupo respondía: "Tajuntamos".