sexta-feira, 29 de março de 2019

Das pequenas cousas

Se non son rica é porque non me peta

Total que vou cas da veciña por ovos e entanto lle entrego oveira e cartos, falamos da abeleira que ten no zarrado das galiñas e de que se dá ou non dá e do calibre, que é bo e bonito ai non, e da que me promete un fillo (que non pasou media hora e xa me timbraba na cancela grande con el, criaturiña, nunha maceta). E acabada a conversa, que ten cada unha que ir á vida, vai e entrégame a oveira coa media ducia de ovos de ida e os cartos de volta. E non fose que caín da burra cando xa marchaba, houbo ser hoxe, 28 de marzo de 2019, xoves por máis sinais (e hai quen diga, quinta feira), o día máis rendible da miña vida: ovos, euro e medio e promesa de abeleira nunha carretada.