quarta-feira, 13 de julho de 2011

A outra voz (calada)

Que gañamos a guerra, gritan. En min estalan aínda tiros e badaladas a morto. Eles beben o sangue, mastigan a febra correúda dos ausentes. Festexamos o que?! A destrución do outro, o cheiro empachoso das vísceras podres que me impregnou ventas e soños para endexamais, os berros dos eivados na lama do terreiro. Necesito bailar, bailar, bailar para distraer a pel das farpas que a esfolan. Cala, apértame e vira, revira, fai da vertixe nosa espiral de esquecemento. Hoxe preciso afastar o horror nun recuncho da memoria de onde non máis saia. Baila, baila comigo. Báilame.

*[Cen palabras sobre o Sonigrama 6 do Diario Cultural da Radio Galega.]

Sem comentários: