Mostrar mensagens com a etiqueta não histórias - non historias. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta não histórias - non historias. Mostrar todas as mensagens

sábado, 18 de agosto de 2018

Nada se perde

E así levo nin sei os días. Desapareceu o crebanoces. Fose eu escritora insigne e morta, escribiría un conto fermoso para que un compositor máis insigne pero igual de morto crease sobre el unha música danzable. Pero non. Son nada máis un ser humano racional desconcertado á procura do cascanoces perdido. Xa revirei a casa de arriba abaixo. Remexín en caixóns, lacenas, gardarroupas e ata na neveira e no caldeiro do lixo. Nin rastro. E así, cada noite ao rematar a cea, mentres escacho a ración anticolesterólica de noces violentamente coa man dun morteiro, esculco, entre golpe e golpe, nos obxectos circundantes un indicio, por leve que sexa, que me corrobore a veracidade da lei da conservación da materia.

domingo, 24 de fevereiro de 2013

Parábola

Un casco de cervexa lanzado a contra forte-vento-norte desde un coche describe unha traxectoria curva contraria á pretendida polo descerebrado que a lanza, isto é, non cae ao río para contaminacións futuras talvez do mar que é o morrer, antes, digo despois, voa por riba do vehículo que xa desapareceu da vista e descende vertixinoso sobre a beirarrúa sur da ponte pola que eu bicicleticamente circulo distraída dos perigos pois que a salvo cándida me cría de tránsitas ameazas para ir parar á bota en que rebota de volta á estrada, xusto a tempo de o escacharen, crach-cras-cris, os pneumáticos, pam-pfff-crgh, rachados do vehículo que lle pasou porriba.

quinta-feira, 18 de outubro de 2012

Diario (secreto) de a bordo

Houbo onte instantes en que non choveu (exercicio principal: abrir e fechar o paraugas). O canal do Ariño viña (ou ía) cheo, case a rebordar: dábame o nivel polo corazón e os amieiros, mergullados ata a cintura, punteaban xilofonías pinga a pinga na tona do mansío. A auga engulira o carreiro nas marxes: só un compás desorientado sería quen de trazar a lapis azul o rumbo incerto sobre papel de prata ou lama. E así. Fun e vin. Deitouse o sol espreguizando os brazos polo monte da Pena, que se pintou nun idioma só del: amarelo, violeta e sombra de ollos.

terça-feira, 16 de outubro de 2012

Swinging

E pois, cá estou, a escutar jazz. Eu, eu que nem gostava de jazz, lembras? (ninguém responde), e dizias que me irias ensinar a gostar de jazz (e já não) e depois tive de aprender a sós, em meias doses.

E pois, a chave apareceu. Esculpada fica a pequena. O cérebro meu é que tem culpa e nem conserto há para ele neste início de século em que tudo, nomeadamente os direitos, andam ao desbarato. E há quem diga que as leis, mesmo que forem injustas, estão para serem cumpridas. E não estarão -digo eu, que nem cérebro tenho que me aguente as ideias nem os ideais- para serem mudadas? A chave estava na algibeira dum casaco a que ninguém sabe como foi parar.

Mas não me perguntem quem toca: sei só que tem pressa por chegar ao fim, ou parece.

Ai, é verdade: é chove e venta, mas é só lá fora, ainda.

sexta-feira, 12 de outubro de 2012

A troca











E a chave da mota nunca mais aparece. Desconfio da pequena, claro. Ou de mim, da minha cabeça, que se perde por vezes num vazio de ideias, num nada de sentimentos. A chave da mota que não aparece. É a vida estes desencontros com objectos úteis ou também aqueles tropeços com seres desúteis: os ratos. Afinal, ela, a pequena, demonstrou caras habilidades. Ontem ofereceu-me dois. Em troca da chave, parecia dizer: dois por um. Abanava a cauda. E eu sorri ao seu contento: esqueci a subtil subtracção da chave da mota que nunca mais gente viu.

sexta-feira, 27 de julho de 2012

Inciso e directo

Andan a ser todos idénticos os amañeceres: neboeiro, pardais que chirlan, galos que cantan, asperxedores que se abren á hora programada no xardín do veciño, un can ou dous que ladran. E, pouco e pouco, o volume sobe. Algunha alma madrugadora que saíu a camiñar de mañá cedo. E eu, que a ver se me poño a traballar xa.

(Entre tanto, os que teñen oportunidades e pasta aínda estrágana en ir de vacacións á Madeira, cando existen os Azores. E logo quéixanse. Querían era un pau na cabeza. Ben dado.)

quinta-feira, 26 de julho de 2012

Verde que te quiero verde











Acorda-me o despertador e quase do único que tenho de vontade é de desliga-lo. Desligo. Uma hora mais tarde acordo. É dia. Está cinzento (os nevoeiros de agosto andam perdidos no calendário). Na rádio a música é a mesma de ontem: réquiem, um réquiem medonho e desafinado. Já na mesa, debruçada sobre a chávena, só tenho vontade de continuar a dormir, ali mesmo, o nariz enfiado nem que seja no arremedo de café que inventei para não me hipertensar (prometi ao meu médico não morrer antes de ele se reformar, haja paciência). Mas afinal, o verde do azeite sobre o pão, trazidos ambos da outra margem do rio conseguem que eu abra os olhos e diga: "Enfim...".

domingo, 1 de julho de 2012

A (imposible) arte de pasmar

Penso que, se cadra, o máis estable dos meus desacougos devén de non fumar. Fumase eu, encontraba logo razón que nese instante ou en tantos outros abortados me sostivese o divagar dos ollos sobre o silencio en distraídisima reconcentración. Foi mesmo ese o sucedido incerto desta mañá, nas horas que anteceden o mediodía, sol limpo, airexa agarimando o corpo depilado ou cabeludo, a paxarada case nun calar de fondo a repousar das angueiras cotiás, insectos zunindo dereito, arañas tecendo a recú, veciños na misa (de comuñón e cadaquén a orar por si). Aquilo, se non era criar pasmo, parecía: nada urxente para facer, o tempo desentendido de min. Foi en tal cataléptico minuto, segundo arriba ou abaixo, cando dei en cavilar que me faltaba un cigarro nas mans ao que prender lume e letarxia. E aí tiven que sacudir a poeira das pálpebras para ver se enredaba aínda a conciencia nun desútil labor.

segunda-feira, 21 de maio de 2012

Uma ilha que não é







A Nova Marina a couso do Rei do Mar

Ao Luandino

—Isto aqui —disse Ele— é um sítio bom para morrer.

Tirara-me as palavras da ponta da alma e à nossa volta era só mar que havia, mar sossegado. Pensei que era, era mesmo, porque um sítio bom para morrer é sempre aquele em que é bom viver . Talvez era do cinzento-azul. Talvez do silêncio manso. Uma ilha que não é ilha porque tem uma ponte delicada que a une ao continente: porta a toda a hora aberta, passagem para caminhar sobre as ondas, deuses nós de cada dia.

Tentei imaginar como seria a ilha sob temporal. Gostei do que ouvi. Pensei que era um sítio bom para respirar e fechar os olhos à escuridão.

segunda-feira, 7 de maio de 2012

Arroz de pombo

Pensei que devia escrever o que me apetecesse. Não é fácil. Podo-vos contar, porém, o que me aconteceu. Relato estrito. Despido. Aqui um silêncio ou pausa. Eu levantei-me. É o que a gente deve fazer em casos assim, se puder. Levantei-me porque podia. Levantei-me do chão. Não duma espreguiçadeira, dum banco, duma cadeira, duma poltrona, dum sofá, duma cama. Não-não-e-não. Do chão. Não decidira sentar no chão, não. Foi queda. Livre mas não voluntária. Acontece. Aconteceu-me. Flashback: que é como dizer: rebobina, recua, retrocede. Doíam-me muito os joelhos. Tanto, tanto. Era a dor toda ali concentrada. Com certeza, não dava alaridos (a dignidade não permite escândalos). O rosto contraído. As mãos, apalpavam à procura de peças musculo-esqueléticas quebradas. As luvas evitaram o esfolamento das mãos enquanto os braços aguentavam a força do impacto. Saí a voar por cima do guidão. À cadela teve um apertão de ventre dessincronizado com a suave descida. Amarrei a trela onde não devia. Pus o capacete (na cabeça) e as luvas (nas mãos). Após o almoço escovo os dentes, sempre, e pego nas chaves de casa, ás vezes.

quarta-feira, 18 de abril de 2012

Unha visita (inesperada, claro)

Foi durante un intervalo de sol. A chuvia fixérase contida nunha nube pasaxeira como todas as nubes son. As follas verdegaias do carballo rebrillaban, punteadas de cristalinas doas grávidas, ou sexa, pingas de auga que máis tarde máis cedo irían rebentar. Estase a ver que é abril, en toda a súa crueza e crueldade. Eu estaba espetada no teclado (en fin!) cando de repente, o meu cerebro captou un rumor estraño, tanto como para o arrancar da concentración en que o tiña preso o próximo desvendamento da identidade do asasino (ou iso espero porque o libro está nas últimas e ai se non!). Que aduanadas estarán para aí a tramar os cans?, deduciron os amolecidos miolos moi irreflexivamente. Pois non. Era unha poupa. Unha poupa na miña fiestra que batía as asas admirada ante a beleza propia (da poupa, digo, non a miña, por favor). Engaiolada de si, bicábase no bico, petando no vidro coma quen peta na realidade e non. A poupa Narcisa, que así se chamaba, abría e fechaba o abano da curupela de sorpresa en sorpresa. Con certeza, ningún lago das terras africanas onde invernara unha outra primavera a agasallara cunha imaxe tan multicolor e nítida. Espelliño, espelliño..., parecía dicir, mentres posaba, ora de fronte, ora de perfil, e bicaba máis unha vez o reflexo do bico. De pronto, pensou mellor, e levantou voo. Para min que foi namorar unha poupa que feda como é debido.

quinta-feira, 5 de abril de 2012

Os bois (e as vacas) polos nomes...

Fantasiei que se no largo da cereixeira aínda houbese cereixeira no lugar dese nada que trouxo pola miña aldea o progreso cativo a substituir terra por formigón no chan e as pedras dos valados por bloques, ainda podiamos, agora, que é tan primavera e está así unha airexa de espeluxar a xente, sentar ao pé dela e deixar que na cabeza nos nevasen pétalos brancos, que non arrefecen as ideas de contar historias, debulladas, unha a unha, cos dedos da lingua. Podían, logo, pasar, dun lado e doutro, os veciños a turrar pola trenla amarrada á Pinta ou á Marela, consoante as cores, que turraban do carro a camiño das leiras, sen que ninguén se incomodase nin que nun repente, naquel abaneo das ancas que sempre move os intestinos, lles viñese (ás vacas, digo, non aos veciños) a gana de dar de corpo alí mesmo no medio e medio, e a cereixeira, agora, que estaba naquela explosión de vida, até agradecía porque a bosta que cae na terra é esterco, non merda. Merda é, por exemplo, as latas de pintura e aceite, de refrescos, os envases espallados todos polos camiños e montes, polo ríos, polos mares; merda é tamén o saco de plástico aberto, co contido ciscado, xunto aos contedores do lixo do largo da cerexeira, que abafa tanto a vontade de fantasiar.

terça-feira, 13 de março de 2012

Guirlache

Pasei media mañán ás voltas da palabra que precisaba. Tiña un ch algures. Até aí sabía. Busquei por canto é sitio ou recanto de palabras perdidas nunca achadas: dicionarios, internet, memoria. Nada. Procura va, fútil desespero. [Xantei.] Saín de bicicleta ao descafé e no regreso, no esforzo pedalante dunha encosta, fixo, plop, saltoume aos dentes, coma un sorriso que triscase aos anaquiños.

quinta-feira, 5 de janeiro de 2012

Póstumas previsões

Só não irei se morri e então até que vai ser complicado, penso eu, avisar. Respondia assim brevemente, apenas acrescentando beijos e outras reverências, a um pedido satisfeito que a faria —caso não morresse evidentemente— muito feliz durante duas horas. Duas horas completas se não viesse uma dor de ossos qualquer assombrá-la de humanidade. Foi nesse momento que a própria morte mascarada de acto súbito começou a apresentar-se como uma visagem perturbadora, uma ansiedade corpórea, em soma, uma má partida que não lhe devia consentir ao destino. Ó destino, nem sonhes! Não vou faltar à minha palavra!, gritou enquanto lhe virava as costas. Nem ouviu a facada, mas antes de tombar ainda conseguiu enviar a mensagem pré-gravada: Vendam o bilhete. Não posso ir... :(

domingo, 18 de dezembro de 2011

A chávena vazia

Doravante o senhor Eduardo e eu partilhamos mesa na esplanada. Os muitos anos privaram-o de ouvido e tem o aparelho —explica, abanando a cabeça— a arranjar. Sem ele nada ouve. Mas vê, observa, entre cigarrilha e cigarrilha, quem vem (boa tarde), quem vai (tudo bem?). Um dia viu-me chegar, seguiu os meus passos encaminhando-se à uma das mesas para contemplar a friagem nelas instalada e fez-me sinal com a mão de me sentar, se faz favor, na dele, abrigada pela parede e as varandas do primeiro andar. Olhei-o nos olhos e misturei um obrigada e um sorriso na dose exacta. Sentei. Ele retirou a chávena do café vazia com o seu pires e dobrou o jornal que já lera para deixar espaço ao meu triste descafé cheio e à Pedras, ao romance em curso e às mãos que seguram as páginas enquanto por ele navego nenhures.

Não tarda, ele aproveitará a boleia do carro dalgum conhecido que sobe a encosta para poupar aos seus brônquios avariados o esforço do regresso à escuridão da casa, onde a mulher lhe morre devagarinho.

segunda-feira, 21 de novembro de 2011

Dous armarios

En puntos diferentes dunha casa en penumbra cunha luz ao fondo existen dous armarios: desde un deles vese unha parte mínima do outro; desde o outro nada se ve do un. No outro hai un elefante, que non é elefante porque non ten trompa, senón, na irrealidade, un oso xigante de peluche vivo. Cada vez que o elefante oso de peluche tenta saír do outro, un cativo corre entre asustado e divertido a agachar no un. Todo parece chistosísimo. É así nun rebobinar continuo no que o elefante oso de peluche só consegue pór unha pata fóra do armario, pois o resto do corpo atóaselle na porta. Os adultos escangállanse de risa as tres ou mil primeiras veces. Logo, aborrecidos, conclúen que aquela historia é absurda e desconéctanse. É entón cando comprenden que era un soño e eu, que xa acabei de mexar, volvo para a cama. Antes de fechar os ollos, bebo un grolo de auga e escribo.

domingo, 13 de novembro de 2011

A derrota do doutor Faustus

Delicio-me na esplanada com o encontro entre o músico e o diabo. Também eu sinto, às vezes, um frio glacial, ou quem sabe não será a debilidade que a longa caminhada me inferiu no estômago. Entro no café e dirijo-me ao balcão. O Zé sorri como se me fosse vender uma enciclopédia a prestações. O que é que eu queria?, hesito. E contemplo os bolos, que se me insinuam provocadores, despidos até de preconceitos. Um, mais redondo, enche-me o olho. Um desses, faz favor, peço. Destes? Desses. Há um silêncio. Ia saindo e lembro o que esqueci: Como é que se chama?, pergunto. Nós dizemos bolo de deus.

Já viu, senhor Luís?, mostro enquanto sento de novo à minha mesa, Cá fora o diabo a tentar-me a um pacto e lá dentro foi o próprio deus que me seduziu.

quinta-feira, 3 de novembro de 2011

Medras

A pequena vai da man da nai. Como non entendo de proporcións entre corpos e anos, doulle oito. É unha idade idónea para unha criatura que pregunta e agarda respostas. No ceo, por riba das lámpadas do camiño, sorrí un fino risco branco de lúa. Se fose máis fino, ninguén o vería, talvez por isso a lúa pensou que ese era o tamaño mínimo en que un sorriso podía suscitar interese.

—A lúa vai engordar?

A nai responde unha ignorancia disimulada, un baleiro sen imaxinación. Dá desimportancias á lúa.

—Xa veremos —di a nai, arrastrando o erre e a preguiza.
—"Xa verremos"?
—...
—Que é "xa verremos"?
—De ver e de remos. Ver remos.

A lúa está querendo empreñar no ceo. Está querendo engordar para que a pequena vexa o futuro dentro dela. Sen evasivas. No pano océano da noite ábrese apenas nunha fenda fina, branca, coma un ce deseñado a trazo de pincel chinés en negativo. Nel, a lúa insinúase apenas para que a rapariga non desista de preguntar. De preguntar sempre até encontrar quen lle ofreza a ponte dunha resposta cara a outras dúbidas e as súas preguntas. Oxalá que a encontre antes que desaprenda a curiosidade e medre para muller con fillos que dá desimportancias á lúa.

quarta-feira, 26 de outubro de 2011

Lindeiros deslindados

Por mandado cego da xustiza o meu futuro veciño herdou nun repente medio eido partido á escuadra. Vides que houbese e mais os esteos que as sostiñan, árbores maceiras, laranxeiras ou ameixeiras co seu séquito de pulgóns e vermes, verzas, tomateiras e pementeiras criadas polo sangue do seu sangue renegado e chuchadas de caracois e lesmas, todo canto era de comer e beber mandou arrincar a maloutáns con músculo e máquinas con mecanismos (barullaban e fedían ambos entre fumes, transpiracións e estertores). Na estrema do eido partido ergueu valado de bloques paralepípedos máis alto que xente humana, o que non empece a curiosidade de gatos atigrados, aves de asa curta ou formigas escaladoras, bichame que fai sumicio ao deparar co ermo deserto, só de herbeiras sen oficio e croios presos da inmobilidade servido. Con esta chuvia de hoxe a vida debera asomar orellas pola tona da terra. Pero o meu futuro veciño decidiu que para vida farta a del basta e vai asentar cabras no baldío. Cabra —lese no primeiro parágrafo das sabenzas infusas— é Atila do bestiario. Por onde ela bea, até o recendo das rosas desmaia.

sexta-feira, 21 de outubro de 2011

Mobiliário urbano

Que o senhor Eduardo está rijo como um pêro (e igualmente surdo) é facto que bem se corrobora em olhadas a distância ou míopes. Ao perto, nem tanto que de tactear, porém, a cena ganha som e contraste: tem os brônquios entupidos e gorgolejantes, as pernas cambaleam-lhe os andares precisos à vidinha mal reformada e por baixo do centro de gravidade e do umbigo, definha o homem como sino desbadalado (nem toca já a rebate incendiário, exauriu-se nele até o ínfimo cheiro de festança). Poder pode parecer que sorri, mas é apenas a falta de ar mastigável nos pulmões que o obriga a exibir o único dente sobrante do murro antigo que errou na fuça dum colega mais lesto, como se um espanto lhe fosse ao encontro. Fumar e beber café são os seus afazeres na hora em que a sobrinha o atrela, hirto e frio, ao rebuliço inócuo da esplanada, tão bonito ao longe como um poeta de mármore.