Mostrar mensagens com a etiqueta frases quebradas. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta frases quebradas. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, 7 de abril de 2016

Precipitado

a imaxe: o corpo suspendido no ar

                     nada

o son: o corpo ao bater na auga

terça-feira, 18 de agosto de 2015

Catacrac

Recoller os anacos
e non saber o que facer con eles
por falta de pegamento.

quarta-feira, 14 de janeiro de 2015

Despoxo

Cada mañá
apenas esperto
retiro
cunha lámina extrafina
o pouco de bo
que vai quedando en min.
Enfundo logo un manto de rancor
e mais outro de resentimento
sobre a pel ulcerada
e déitome nun caixón de sombras
para enganar o día,
entre as mans cruzadas unha candea
apagada (para non gastar, mormente).

quarta-feira, 7 de janeiro de 2015

Ninguén no paraíso

Cando se fechan as portas
o paraíso vira o corredor
polo que transitan tristes
coma ninguén os rexeitados.

Ninguén ouve as garzas
grallar sobre as augas lóbregas
do río infindo. Ninguén ve o bater
de ás co que os patos orden
o estrépito das sombras.
Cando se fechan as portas
ninguén avanza na néboa
que envolve a pel cun cobertor
glacial de lágrimas mínimas.
O camiño do paraíso é un corredor
incerto. Ninguén perde nel
a voz: non hai ouvidos
que escoiten alén dos
muros grises que o cercan.

Cando se fechan as portas,
o paraíso vira ausencia e
noite onde os desterrados
coma ninguén habitan.

terça-feira, 6 de janeiro de 2015

Ao lonxe

Medra fóra un silencio denso
e o nada, voraz, inza en min.

sábado, 15 de novembro de 2014

Frío

Cando saio da casa, noite aínda,
coxeo moito da alma
e dóenme as reviravoltas da mente,
perforada de insomnios.

Logo, camiña que camiña,
a luz agroma entre as nubes
e o frío, invisible e mordaz,
písame nos calcañares,
a sol e a sombra, indiferente.

Cando chego á casa, xa día,
apetéceme meter as mans,
sen aneis, no microondas
e seguir, talvez, viva.

sábado, 15 de março de 2014

Pentagrama en branco

Abro as fiestras de mañá cedo
para sentir a alba debullar a vida
entre liñas de luz e silencio.

quarta-feira, 18 de dezembro de 2013

Lento cataclismo

Sobrevivo entre os cascallos
de mañá, esboroados
os brazos que o sostiñan.

sábado, 14 de dezembro de 2013

Luz

Agora abro as cortinas da sala
como se em mim fosse entrar 
a tua voz tão clara com o dia.

quinta-feira, 28 de novembro de 2013

Violencia verbal

Feríronme nos labios
coas súas farpas,
voraces, as palabras.

sábado, 23 de novembro de 2013

En tres tempos nada

Era un futuro en ruínas,
o alento deshabitado e húmido,
un silencio escuro:
o tempo morto.

(O presente
fíltrase entre as fendas
do pasado.)

É o presente en sombras,
luscofusco volátil,
néboa densa e lenta:
frío tremor de avelaíña.

(O pasado
nutre o espectro roto
do futuro.)

Será un pasado en chagas,
carne murcha,
sangue seco:
vougo alcouve.

(O futuro
agoniza no presente,
ferido de asa.)

domingo, 29 de setembro de 2013

Epi-paf-fiu

As moscas do outono
no café da Lenta
não incomodam tanto
o poema
que não possam ser escritas
antes de mortas.

sábado, 7 de setembro de 2013

Interior. Día

Abro a gabeta das palabras
e só encontro
un amencer en sombras.

segunda-feira, 5 de agosto de 2013

A primeira pedra

É sobre este silêncio
que construirei
a tua tristeza.

sexta-feira, 21 de junho de 2013

Cabodano inverso

Mórrenme as mans
e nelas
gangrénase a alma.

segunda-feira, 3 de junho de 2013

sexta-feira, 24 de maio de 2013

Panorama

Na marxe en penumbra á espreita,
coa paciencia infinda do futuro,
as farpas do abismo ou as mans da ponte.

domingo, 19 de maio de 2013

Universo

Papuxa das amoras:
 arce xaponés - eu:
Ferreiriño subeliño.

sábado, 18 de maio de 2013

Intervalo

Entre o sol e a lúa
un fío de luz
que se apaga ou arde.

sexta-feira, 17 de maio de 2013

Fuga

Algúns morren pola noite,
nacen outros.
O día transcorre indiferente.