e levantan entre queixumes a claridade
e a ledicia.
Son tres os arcos que esvaran no calmo
manto de nubes estendido alén
dos brazos.
Son doce as cordas que agardan tensas
as caricias dos arcos para se inundaren
de auroras.
Son tres os brazos que ondulan
como un océano de silencios rotos
polas cordas.
Son sen número os sentidos que estremecen
sobre a ausencia de horizonte que os violíns
racharon.
(Inspirado no C
9 comentários:
Do mayor es un tono luminoso, afectuoso. Buena mañana.
O único bo que ten estar sen choio é que permite oír belezas destas e outras, a maior gloria do mundo, Ella, como abridoras dos días.
Pois eu non escoito nada
A ver, que nos estamos descolocando.
Abre os ollos, Condado.
E ti, Ella, ponte no teu sitio.
Moito bufferin pero sigo sen escoitar nada de nada... Co que me gusta a min o tiro con arco...
Probaches a lavar os oídos, Condado? A conectar o son do ordenador? Ou a buscar o concerto na internet?
A, na net si que st´s, pero no parato ese non...
Non sei cal é o problema, Condado. A min sáeme.
Enviar um comentário