domingo, 16 de outubro de 2011

Natureza salvaxe

Sobrevivir a un ataque desa natureza non é para calquera. Ende ben, de pequena regaláronme un manual de supervivencia redactado polos sobriños do Pato Donald que lin de punta a cabo e me proporcionou a necesaria experiencia teórica. Ante o ataque dun ser vivo da peor especie, cómpre antes de máis nada conservar o propio sangue frío (a menor temperatura, menor fluidez, o que resulta útil de producirse unha ou varias hemorraxias) e algunha calma. Tentar fuxir só empeora a agresión: o bicho excítase e traba con máis forza. Gritar de nada serve se o bicho é xordo ou non entende o idioma; se para mais inri pasa xente perto, a vergoña sempre magoa máis ca a morte. Todos estes sabios principios, non obstante, ao final non aproveitan máis ca ao agresor, que sabe agardar quieto, con paciencia, a súa hora... que case foi a miña. Nunca se metan entre as silvas e se se meten, cunha estupidez ao día chega: non tenten liberarse polas malas. Doe.

7 comentários:

condado disse...

Non me queda claro se foste agresor ou vítima... E qué facías metida entre as silveiras nun pàso de xabarín, ou así, nun día de caza...

Anónimo disse...

Pois, pois, a dúvida do Condado é também a de toda a gente.
E qué facías...?
Hein?
;)

Jonas

Sun Iou Miou disse...

Não foi hoje, Jonas (digo, Anónimo) e Condado. Tive de aguardar a que as feridas cicatrizassem para o contar sem palavras podres. Foi já nesta semana que passou. E o que fazia era ir atrás da raispartam da minha cadela que ia atrás de um faisão ou faisã (que não lhe vi a matrícula) e a estúpida ficou ali no meio a cheirar para o alto sem querer sair até que a estúpida da dona se fartou e entrou a buscá-la. Estúpida sim, mas não tanto como para arriscar o passeio em dia de caça, não se fosse juntar ao ataque das silvas o tiro de graça dum caçador embagaçado. Hoje o passeio foi pela selvagem civilização, inçada de gatos.

condado disse...

Maravilla de cadela desaproveitada

Sun Iou Miou disse...

Vai dizer isso aos gatos, Condado.

Anónimo disse...

Qualquer dia, um caçador ainda te fila.

Sun Iou Miou disse...

Com caçadores à solta, Anónimo, o itinerário é outro. Suicida ainda não sou.