Estamos sempre nun ir e vir de bébedos,
tránsito de nós sen rumbo,
serpeante, sen ruta, o ollar tolleito,
sen sentido único polo que desandar
os erros con que o mundo nos aprendeu
a dureza das mans e a lingua.
Quizais, quen sabe, non lle haxa que dar
grazas a ese Deus e cantar glorias e loas
porque un día alguén creou na súa honra
un mesías calquera do Händel (Georg Friedrich)
con que iluminar estes pasos que dubidan
en todas as encrucilladas do silencio.
Sem comentários:
Enviar um comentário