Na tarde non se fai nada. Non se fai nin se desfai. Hai un tedio, unha derrota, un silencio: apatía. Tanto vento. Tanta chuvia. Nesta simplicidade hai unha monotonía que me aconchega. Rebéntanme os brillos e cores do semanal entrefebrado de artigos como coitelos ao corazón desta sociedade estupidificante. Contrastes e náuseas. Detrás da imaxe hai un mercado do absurdo. Esculturas baleiras fronte ao peso grave da tarde.
Na tarde non se fai nada e eu aínda nin sei o que fago aquí.
2 comentários:
Vivir?
Desvivir, Ella.
Enviar um comentário