domingo, 1 de julho de 2012

A (imposible) arte de pasmar

Penso que, se cadra, o máis estable dos meus desacougos devén de non fumar. Fumase eu, encontraba logo razón que nese instante ou en tantos outros abortados me sostivese o divagar dos ollos sobre o silencio en distraídisima reconcentración. Foi mesmo ese o sucedido incerto desta mañá, nas horas que anteceden o mediodía, sol limpo, airexa agarimando o corpo depilado ou cabeludo, a paxarada case nun calar de fondo a repousar das angueiras cotiás, insectos zunindo dereito, arañas tecendo a recú, veciños na misa (de comuñón e cadaquén a orar por si). Aquilo, se non era criar pasmo, parecía: nada urxente para facer, o tempo desentendido de min. Foi en tal cataléptico minuto, segundo arriba ou abaixo, cando dei en cavilar que me faltaba un cigarro nas mans ao que prender lume e letarxia. E aí tiven que sacudir a poeira das pálpebras para ver se enredaba aínda a conciencia nun desútil labor.

6 comentários:

Deshoras disse...

E agora, non sintes en que se convertiu tanta expectación?

Sun Iou Miou disse...

Expectación?

condado disse...

Estabamos a espera da final, concentración y eso, silencio que se masca no aire... Non escoitache os foguetes? Gañamos a eurocopa...

Sun Iou Miou disse...

Gañastes? Pois nada, que vos aproveite.

Ouvín bastante algueirada, ouvín. Pensei que era unha manifestación contra os recortes ou que as multitudes pedían que os nosos científicos puidesen continuar a investigar no país... que sei eu, estupideces miñas.

condado disse...

Si, más o menos, los pigs jodieron a la Merkel y millares de manifestante estallaron de júbilo por eso, se alegraban de que pequeñitos tipo Iniesta demostrasen científicamente que esto es un juego plural y no de Alemania y Francia solamente, cosa que demostraron desde España, en donde se formaron, gracias a el incremento de subvenciones y a las instalaciones modernas con que cuenta el deporte en este país y que, por cierto, es la mayor empresa de contratación y la que da mayores beneficios económicos a este país... Aunque también tenga cosas malas en su haber... Y a pesar del poco caso que le hacen algunas... :)

Sun Iou Miou disse...

Ese conto xa o ouvín veces de máis. Cada un se xustifica como ben lle parece. Vai ver o correo, que tes alí quen gañou e o resto son contos.