segunda-feira, 21 de novembro de 2011
Dous armarios
En puntos diferentes dunha casa en penumbra cunha luz ao fondo existen dous armarios: desde un deles vese unha parte mínima do outro; desde o outro nada se ve do un. No outro hai un elefante, que non é elefante porque non ten trompa, senón, na irrealidade, un oso xigante de peluche vivo. Cada vez que o elefante oso de peluche tenta saír do outro, un cativo corre entre asustado e divertido a agachar no un. Todo parece chistosísimo. É así nun rebobinar continuo no que o elefante oso de peluche só consegue pór unha pata fóra do armario, pois o resto do corpo atóaselle na porta. Os adultos escangállanse de risa as tres ou mil primeiras veces. Logo, aborrecidos, conclúen que aquela historia é absurda e desconéctanse. É entón cando comprenden que era un soño e eu, que xa acabei de mexar, volvo para a cama. Antes de fechar os ollos, bebo un grolo de auga e escribo.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário