segunda-feira, 23 de abril de 2012

Madrugada

É tanta a escuridade fóra cando esperto
canto dentro: non hai nin sombra
de camiños ao infinito: é só silencio manso
da chuvia sobre a herba talvez verde.

Foi para min o principio
(e será sempre ao final)
o Verbo.

sexta-feira, 20 de abril de 2012

A frase

O Perneta desce do carro ajudado pelo amigo que todos os dias o traz para beber um café e dizer uns palavrões. As cerejeiras japonesas, com a chuva e o vento de ontem, semearam a rua de pétalas cor-de-rosa.

Olha —diz o Perneta enquanto pousa a perna boa e o olhar no passeio—. Esta merda é um espectáculo!

quarta-feira, 18 de abril de 2012

Unha visita (inesperada, claro)

Foi durante un intervalo de sol. A chuvia fixérase contida nunha nube pasaxeira como todas as nubes son. As follas verdegaias do carballo rebrillaban, punteadas de cristalinas doas grávidas, ou sexa, pingas de auga que máis tarde máis cedo irían rebentar. Estase a ver que é abril, en toda a súa crueza e crueldade. Eu estaba espetada no teclado (en fin!) cando de repente, o meu cerebro captou un rumor estraño, tanto como para o arrancar da concentración en que o tiña preso o próximo desvendamento da identidade do asasino (ou iso espero porque o libro está nas últimas e ai se non!). Que aduanadas estarán para aí a tramar os cans?, deduciron os amolecidos miolos moi irreflexivamente. Pois non. Era unha poupa. Unha poupa na miña fiestra que batía as asas admirada ante a beleza propia (da poupa, digo, non a miña, por favor). Engaiolada de si, bicábase no bico, petando no vidro coma quen peta na realidade e non. A poupa Narcisa, que así se chamaba, abría e fechaba o abano da curupela de sorpresa en sorpresa. Con certeza, ningún lago das terras africanas onde invernara unha outra primavera a agasallara cunha imaxe tan multicolor e nítida. Espelliño, espelliño..., parecía dicir, mentres posaba, ora de fronte, ora de perfil, e bicaba máis unha vez o reflexo do bico. De pronto, pensou mellor, e levantou voo. Para min que foi namorar unha poupa que feda como é debido.

quinta-feira, 5 de abril de 2012

Os bois (e as vacas) polos nomes...

Fantasiei que se no largo da cereixeira aínda houbese cereixeira no lugar dese nada que trouxo pola miña aldea o progreso cativo a substituir terra por formigón no chan e as pedras dos valados por bloques, ainda podiamos, agora, que é tan primavera e está así unha airexa de espeluxar a xente, sentar ao pé dela e deixar que na cabeza nos nevasen pétalos brancos, que non arrefecen as ideas de contar historias, debulladas, unha a unha, cos dedos da lingua. Podían, logo, pasar, dun lado e doutro, os veciños a turrar pola trenla amarrada á Pinta ou á Marela, consoante as cores, que turraban do carro a camiño das leiras, sen que ninguén se incomodase nin que nun repente, naquel abaneo das ancas que sempre move os intestinos, lles viñese (ás vacas, digo, non aos veciños) a gana de dar de corpo alí mesmo no medio e medio, e a cereixeira, agora, que estaba naquela explosión de vida, até agradecía porque a bosta que cae na terra é esterco, non merda. Merda é, por exemplo, as latas de pintura e aceite, de refrescos, os envases espallados todos polos camiños e montes, polo ríos, polos mares; merda é tamén o saco de plástico aberto, co contido ciscado, xunto aos contedores do lixo do largo da cerexeira, que abafa tanto a vontade de fantasiar.

terça-feira, 3 de abril de 2012

Aviso

O senhor Luís deixou a cerveja ra-di-cal-mente. Não largou foi o tabaco, mas fuma menos. O alarme saltou no dia da greve geral, aquele em que a mesa dele, na esplanada, era um quadrado amarelo inteiro e só. Estivera a abusar, disse. Agora bebe água, fresca, sem gás.

O mundo faz de conta que tudo à nossa volta está na mesma. Não está, não.

domingo, 1 de abril de 2012

Nem

Contemplo a página em branco: é uma mesa vazia na esplanada, o corpo franzino dele já nunca mais gente, nem cigarrilha aos lábios presa na mão fina, nem o ouvir para dentro, nem o brilho nos olhos quando fazia festas à Lima, nem os pulmões cansados pela encosta acima ai tão devagarinho.

Agora é terra na terra. Uma memória breve. Morreu o senhor Eduardo.

domingo, 25 de março de 2012

A traição











A esplanada estava deserta. Nem sequer o senhor Luís, freguês constante, com direito a mesa reservada, apareceu. Parecia um feriado qualquer, naquele silêncio da primeira hora da tarde na rua, quando ainda as famílias estão reunidas à mesa em volta da azia. Vinha, porém, no ar um bafo pesado, de resignação, que se reflectia no olhar esquivo dos empregados que atendiam atrás dos balcões, também no café onde comprei o pão e no quiosque onde agora me guardam o JL. Só depois, de regresso à casa, enquanto atravessava a ponte, reparei em que era 22 de março de 2012.

(Algum dia terei de estudar o que é que tem essa ponte que faz com que o meu cérebro funcione.)

sexta-feira, 23 de março de 2012

o pintasilgo

Minúscula ave
que estende de cor
memoria e asas.

quinta-feira, 22 de março de 2012

Outrora

O derradeiro verso
nunha carta perdida
de papel antigo.

terça-feira, 20 de março de 2012

Primavera

—E o inverno nunca mais vem...

Foi isso que disse o senhor Luís, à maneira de despedida, logo que me levantei da mesa para ir embora. Quando cheguei, ele estava debruçado sobre uma colorida dobre página do jornal, a deliciar-se numa passarela estática de belezas em fato de banho. Está calor. Diz-que hoje começou a primavera e o sangue, pois... esquenta. Manda a tradição animal que esta época do ano traga as andorinhas a sulcarem os ares esquivando os assassinos cabos opticamente eléctricos enquanto enfiam moscas e outra bicharada voadora pela goela abaixo sem descompor nunca a vertiginosa gracilidade, como quem come tremoços. Porém, a nossa esplanada, com a suba de temperaturas, o que mais traz é papagaio velho. Se pelo menos chovesse, hein, senhor Luís?

sexta-feira, 16 de março de 2012

De ollos para o ar

No voo da garza
o vento finxe
que bate as asas.

terça-feira, 13 de março de 2012

Guirlache

Pasei media mañán ás voltas da palabra que precisaba. Tiña un ch algures. Até aí sabía. Busquei por canto é sitio ou recanto de palabras perdidas nunca achadas: dicionarios, internet, memoria. Nada. Procura va, fútil desespero. [Xantei.] Saín de bicicleta ao descafé e no regreso, no esforzo pedalante dunha encosta, fixo, plop, saltoume aos dentes, coma un sorriso que triscase aos anaquiños.

domingo, 11 de março de 2012

Irreverencia







Goián, barrio de Tollo



No fondo, o que ela quería era ser guitarrista, pero á falta doutro instrumento, bótase man do que se ten máis á man. E o sentimento con que ela toca...?

sábado, 10 de março de 2012

Ende ben











Dóenme os pulsos e o silencio
Fáltame o ar: as palabras rachan
O día é unha cápsula de material indescifrable
Non teño respostas (nin fe)
Onte ceamos crise pero o tinto era bo.

domingo, 4 de março de 2012

Silueta






Athene noctua
moucho (gl) ; mocho-galego (pt); mochuelo (cast)

A contracorrente

Queixouse de que a vida estaba difícil para eles (para nós, dixo, como se fosen caste á parte do común dos mortais), os músicos, os poetas, os escritores. Como se a vida non fose (e fose, digo, non estivese) sempre difícil, uns días máis, outros algo menos, para case todo o mundo. Só quen tivo unha vida agasallada, unha protección extrema, un cordón umbilical artificialmente ligado, pode crerse vítima exclusiva dun mundo inxusto cando o cordón eventualmente racha. O mundo é inxusto. A vida é difícil. Nin sequera chove cando consideramos que debera chover por moito que lles poñamos nome ás estacións e aos meses, por moito que teñamos fe. Nada nos diferencia dos salmóns e a súa loita pola eternidade a contracorrente.

sábado, 3 de março de 2012

Incertezas

Há dias que o senhor Eduardo não vem pela esplanada. Desde que me apanhou a gripe e passei uma semana sem pisar na rua nunca mais o vi. Hoje perguntei por ele ao senhor Luís. Respondeu que estava com pneumonia. Não tinha mais notícias. Depois pediu informações a uma vizinha que subia a encosta. Ela também não o tinha visto nem sabia nada ao certo. Prometeu perguntar e trazer recado.

Nem me lembra porquê, acabámos a falar do desacordo ortográfico. Na certidão de nascimento dele diz que foi Luiz Felipe D'Almeida, mas no bilhete de identidade agora é Luís Filipe de Almeida. A gente perde ar nobiliário enquanto ganha anos. Tudo se transforma: certidões não são certezas.

quinta-feira, 23 de fevereiro de 2012

Ao cambio

En Goián todo o mundo sabe que un bispo no Brasil é, ao cambio, na Galiza, un sancristán (ou era, que os tempos, benquerido Bob, están sempre mudando). Pois ben, se hai por aí alguén que utilice alegramente os tradutores automáticos, pode probar a traducir Manuel Fraga (q.p.n.d) de galego para inglés no excelentísimo tradutor automático do google.

_________
P.S.: Até o máis perralleiro tradutor (digno do oficio que exerce) humano sabe que os nomes propios non se traducen.

segunda-feira, 20 de fevereiro de 2012

O mais-velho e o iá-ndenge












Angola esteve a 4 de fevereiro de 2012 na Porta XIII.

domingo, 19 de fevereiro de 2012

Mais uma rara avis...



Plegadis falcinellus
: ibis preto (pt), mazarico mouro (gl), morito (cast)

Insensibilidade e outras vidas possíveis

Hoje desacordei do mundo. Continua lá fora frio, quase como dentro (sem o aquele tal cá do vento e a sua sensação epidermicamente des-térmica). Não tenho nos dedos sangue (dedos a mais na minha vida para um coração pequeno que cansou de bombear e bombar) e escrever é uma dor que não se sente, uma conquista da insensibilidade. Depois durmo, durmo muito a horas e deshoras, não consigo convencer o corpo a vencer e ele é uma desistência dos sentidos: é assim que os pesadelos me invadem as noites e as deshoras da sesta: porque é preciso viver nem que sejam as mentiras dum labirinto de que não se sai, como na própria vida, que nunca acaba, porque tudo é matéria que se transforma, até em cinza que será alimento para plantas verdes ou cogumelos coloridos. É carnaval, lembrem: há corrida de carros de mão na aldeia. Serei espectadora de câmara a tiracolo (nas mãos, os dedos regelados sempre, pessoa com luvas não preme botão, sem luvas também não preme nada), se o sono da tarde (esse tirano!) não me tira a vida.

sábado, 18 de fevereiro de 2012

Breve

Atacada de preguicite aguda ando e temo que esta se converta en crónica, crónica non escrita, vivida ou mellor, digo peor, desvivida. Non todo é negativo coma a temperatura, que este inverno, debido ao plan de austeridade, é o primeiro que paso sin calefacción (houbo momentos en que vendo as moreas de libros con todas aquelas follas combustibles dentro as fogueiras inquisitoriais me pareceron unha opción tentadora), utilizando as pernas e a bici nos desprazamentos curtos, sen ir ao cine, sen ir a case nada: casa e cama. Dicía que non todo é negativo porque tamén é o primeiro inverno en que me regalan un xamón. E sobrevivín á gripe. E a algúns meses sen cobrar... (aínda non me cortaron nin a luz nin a auga).

sábado, 4 de fevereiro de 2012

Non estou para ouvirte

Había moito que non ía a misa. Pensei que aquilo iría ser a presentación dun libro de poemas, acabou por ser un acto de adoutrinamento. Desobediencia disque era o título, e aí estaba eu, a renegar en silencio respectuoso, a tirar e enfiar (os dedos n)as luvas, cunha gana de saír xa mesmo da sala onde a propietaria da verdade e a palabra nos arengaba. Mentres, nós alí presos, ovellas mansas, de orellas gachas como cans apañados en falta (escura) que non cometeran. Até que, pronto, unha ten a paciencia do xénero ola-express e mandei o corpo á insubimisión: isto é, saín á rúa despedindo vapor... Aos poucos, amoreámonos os desterrados ao frío, fomos fumando un cigarro, unha pipa da paz, fotografamos instantes rigorosos e poemamos sobre as amizades comúns tan incomúns. Regresei á casa coa mochila cargada de papel impreso. Valeu.

quarta-feira, 1 de fevereiro de 2012

A menina acabou (por falência)

Que tivessem passado dias sem eu ver o senhor Eduardo não significa que ele deixasse de existir. É só que tenho vindo mais tarde para a esplanada, quando ele já foi embora, a resfolegar como uma concertina velha, encosta acima. Hoje, porém, encontrei numa das cadeiras de plástico amarelo evidências claras da sua presença: uma cigarilha que fugiu quase intacta aos seus pulmões esfalfados (nos tempos de crise que correm, ai, fumasse eu...). Mas não foi isto o primeiro a acontecer quando lá cheguei. O senhor Luís estava de espingarda pronta e ao meu boa tarde, disparou, a matar:

—Vai estar mal agora com o seu JL.
—E então? —perguntei eu numa aflição ho-rro-ro-sa, a imaginar que não só o país falia sempre mais um dia após o outro, mas também a literatura ia para os fundos níveis do lixo.
—O Nuno fechou...

E pois, o Nuno fechou o quiosque, o senhor Luís ficou sem onde comprar os maços de tabaco e eu fiquei sem onde comprar o JL. E pior, digo-vos, vou ter saudades do Nuno a dizer:
—Ó menina, o JL já cá está.

Isto se não é velhice está parecendo...

segunda-feira, 30 de janeiro de 2012

domingo, 29 de janeiro de 2012

O espírito cando acorda...

Espreguizar a preguiza. Abrir os ollos antes que a persiana. Asomar o nariz ao frío e pensar outro pouco, outro pouquichiño só aconchegado aquí co resto do corpo. As sabas e o edredón, esa caricia que protexe da voracidade do día. Cinco minutos a remoer a conciencia. Veña, vai, arriba. O vaso de auga dos hábitos antigos, que esperta por dentro. A auga no rostro que liquida toda sombra de sono na fronte. Os ouvidos, no entanto, adáptanse ao silencio da mañá tan nocturna e encaran con estupor as voces claras da radio. O espírito descende até ao cociña, onde o café sempre é unha festa sagrada, e sorrí: acordou.

segunda-feira, 23 de janeiro de 2012

Á sombra dos ingrávidos

A voz rota. E talvez calar era mellor. Porque sae sempre rota voz, amarga, coma se entre dentes se criasen balas, balas certeiras contra os mortos, balas directas contra a miña voz. A miña voz rota. E talvez gritar para dentro a rabia. Que ninguén (me) ouza. A voz rota. Unha e outra vez, a mirada turbia e furtiva, ferrando tiros entre dentes, o tenso tiro de graza. Un tras outro. Tiros aos mortos, aos mortos que me rabuñan nas entrañas. Balas que lles furen os pulmóns e que respiren, que respiren, que alenten e florezan nas tumbas, alelís ou saramagos, entre trebóns e lapas, e apodrezan, en fin, os remorsos de raíces longas e as vareixas. Aos mortos, balas. Palabras coma dardos fulminantes sobre a mesa na terraza á sombra, á sombra dos ingrávidos, leo e calo. Negando a voz. A voz na boca seca, rota.

terça-feira, 17 de janeiro de 2012

Medallas

Hai tempo decidín gardar as medallas na vitrina, que levándoas ao peito sempre hai aquel perigo de furalo co alfinete traidor e desinchalo.

quinta-feira, 5 de janeiro de 2012

Palabras malditas

Se escribo
será para dicir nada
e aínda así será dito tanto
como non se cale. O infinito
é o mundo que está por rimar

co silencio.

O meu primeiro regalo de Reis






Amparo
Alumna do Colexio San Xerome, da Guarda



Grazas, Condado, por este pedazo de mar da túa man...