domingo, 29 de janeiro de 2012

O espírito cando acorda...

Espreguizar a preguiza. Abrir os ollos antes que a persiana. Asomar o nariz ao frío e pensar outro pouco, outro pouquichiño só aconchegado aquí co resto do corpo. As sabas e o edredón, esa caricia que protexe da voracidade do día. Cinco minutos a remoer a conciencia. Veña, vai, arriba. O vaso de auga dos hábitos antigos, que esperta por dentro. A auga no rostro que liquida toda sombra de sono na fronte. Os ouvidos, no entanto, adáptanse ao silencio da mañá tan nocturna e encaran con estupor as voces claras da radio. O espírito descende até ao cociña, onde o café sempre é unha festa sagrada, e sorrí: acordou.