sábado, 18 de fevereiro de 2012
Breve
Atacada de preguicite aguda ando e temo que esta se converta en crónica, crónica non escrita, vivida ou mellor, digo peor, desvivida. Non todo é negativo coma a temperatura, que este inverno, debido ao plan de austeridade, é o primeiro que paso sin calefacción (houbo momentos en que vendo as moreas de libros con todas aquelas follas combustibles dentro as fogueiras inquisitoriais me pareceron unha opción tentadora), utilizando as pernas e a bici nos desprazamentos curtos, sen ir ao cine, sen ir a case nada: casa e cama. Dicía que non todo é negativo porque tamén é o primeiro inverno en que me regalan un xamón. E sobrevivín á gripe. E a algúns meses sen cobrar... (aínda non me cortaron nin a luz nin a auga).
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário