domingo, 4 de março de 2012
A contracorrente
Queixouse de que a vida estaba difícil para eles (para nós, dixo, como se fosen caste á parte do común dos mortais), os músicos, os poetas, os escritores. Como se a vida non fose (e fose, digo, non estivese) sempre difícil, uns días máis, outros algo menos, para case todo o mundo. Só quen tivo unha vida agasallada, unha protección extrema, un cordón umbilical artificialmente ligado, pode crerse vítima exclusiva dun mundo inxusto cando o cordón eventualmente racha. O mundo é inxusto. A vida é difícil. Nin sequera chove cando consideramos que debera chover por moito que lles poñamos nome ás estacións e aos meses, por moito que teñamos fe. Nada nos diferencia dos salmóns e a súa loita pola eternidade a contracorrente.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Em alguma coisa havemos de ser diferentes dos salmões, mas tens razão no todo o resto que dizes.
Pois, nisto tens razão, Jonas. Os salmões tem espinhas. Nós só temos uma e, cada vez mais, estamos nela.
Enviar um comentário