Que unha cantidade ínfima da propia merda (con perdón da vosa cara) lle poida salvar a unha a vida parece milagre, mais é medicina do século vinte e un. Por iso talvez non se entende que haxa tantas vidas que non queiran salvarse a través da ciencia, comprobada e demostrada, e se arrisquen logo, na hora fatal («Ten vostede cancro de colon», di o médico) a encomendarse a espíritos en formas diversas, na ilusión ilusa de pretender sandar con oracións, ofrendas e imposicións de mans o que non se quixo evitar cunha merdiña (xa sen perdón ningún) de proba.
E viva a sanidade pública!
#eufixenotestdesangueenfeces
Sem comentários:
Enviar um comentário