Norma fóra de toda norma, claro, que iso foi o que nos brindou onte ―e non para variar ― o Pedro Lamares no seu (e dos poetas, dígase, que algunha parte de culpa teñen) espectáculo! (xa o dixen?) «A poesia é uma arma carregada de futuro».
Houbo salvas de palabras ao ar que logo choveron, ora como pétalas, ora como pedrazo (veu a primavera), sobre un auditorio cheo, ó marabilla!, de xente nova, que no fin se puxo en pé como quen canta un himno coa man alí onde se sente latexar máis forte o corazón.
E unha, que só se reconcilia co mundo (tan inintelixible aínda) a través da poesia ben-dita, durmiu esta noite máis sosegada, malia a tormenta.
Sem comentários:
Enviar um comentário