quinta-feira, 11 de abril de 2019
Non se pode estar a todo
E resulta que fun levar a moto ao taller, que xa lle ía tocando. Fago un treito a pé, cara á parada do bus, que aínda vai tardar en chegar, pero vou armada de libro, non hai fallo. E mentres camiño, tan concentrada nos meus desvaríos, arrímaseme un coche. Que se vai ben por aí para Tomiño, pregúntame un portugués. E eu toda contenta de ser útil, explícolle, advírtolle e doulle todas e cada unha das indicacións posibles para chegue ao destino sen perderse. E mentres o fulano arrinca e marcha, eu boto a andar e de socato penso case que en voz alta: «Cagontal, que eu tamén vou para Tomiño!». E quedo alí, como a idiota que son, a mirar para o coche ao lonxe...
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário