terça-feira, 16 de abril de 2019

Ata un día

A historia da humanidade non é senón unha reconstrución continua. Hoxe construímos, mañá destruímos, pasado reconstruímos, ao outro volvemos destruír. É así. O ser humano ergueuse, porque só iso lle permitiría caer e ter unha xustificación para se erguer de novo.
Erguidos, convencémonos de que por moitas veces que caiamos, sempre nos poderemos erguer para seguir construíndo e destruíndo. Erguidos, cremos na resurrección depois da morte. Ás veces, destruímos a través do lume, que é unha forma de matar, para que das cinzas, da morte en escamas, xurda vida. E así ten sido polos séculos dos séculos. Ata un día. O do Xuízo Final, que non será outro máis que aquel no que tras a destrución nin cinzas queden. E ninguén nin nada nos erguerá de entre os mortos.

#hoxeestóuchevosapocalíptica

Sem comentários: