Urbano Lugrís.
Mar dos argazos (1946)Nesta prisión de ar contido, de mágoas,
rizóns e mastros sen vela, argazos
fosen os meus cabelos, nácara as uñas
de cunchas e os desexos meus,
dos ósos de náufragos mortos no sur
os meus ósos, de escamas e espiñas
vivas tamén os meus dentes vivos.
Cata o lenzo que me prende á proa,
mansa mortalla nas cores da serea...!
Non quero ser mascarón, nin reixas!
Quero é nadar arrolada entre anémonas,
marear os ventos ao lonxe das ribeiras
(xamais armas ao peito, nin aos ollos vazados),
unha illa ás veces e sempre horizontes.
Quero é tempestades, o pano negro fendido
no relampar quedo na nudez do océano,
e contento e azul ou verde, até cinéreo.
Non o norai de sombras que me amarra,
nunca este corpo de pau a abafarme as ansias!
Só nos labios un bucio, nin leme nin sextante;
só na boca o sal
e no sal todos os mares.
_____________________
Homenaxe a Urbano Lugrís no 17 de decembro de 2011 pola Nave das Ideas (pódese descargar o libro, gratuitamente, nesa páxina)
3 comentários:
Sería mucho pedir una traducción?, mis intentos son penosos.
Te sirve la traducción a portugués, que ya la tengo hecha, Ella? Me imagino que no. Dame tiempo, que estoy intentando salir a flote.
Espero.
Enviar um comentário