quarta-feira, 21 de dezembro de 2011

A horticultora insuficiente

Por non só ver se medran se non as nabizas e os repolos corazón de boi, plantei ervellas. Agora é así: de cando en cando, asexo na horta na esperanza de que asome o rebento dalgunha herba produtiva. Polo de agora, para o meu desespero, continúan a gañar as outras, as que só gasto dan na terra e no corpiño e nin cabra alimentan. E falando en cabras, o meu futuro veciño gañou xuízo (e eu perdín fedores), pois trocou o bravún no ar polas verzas en terra. E está bonito de ver o campo, cos seus regos dereitiños —que eu ben llos vin trazar a cordel— e as plantas de follas a secar ao sol a poalla de onte día enteiro. Díxome, amais (pena non acordara antes!), que cando quixese, podía apañar para un cocido. Vou ter que plantar un porco, logo. El será tempo?

2 comentários:

Anónimo disse...

Não é preciso plantar um porco. Já temos cá muitos!...

Sun Iou Miou disse...

Desses eu não quero, Anónimo. Prefiro um porquinho de confiança, cultivado no quintal, com bom esterco natural e alimentado pela chuva e pelo sol.