Está así un sábado de mañá coma tantos, poalla cincenta e boa temperatura, a paxarada como que este outono non é con eles e na radio un coro canta as glorias ao deus do santilorio ladrón de petos e pergameos.
Habemus codices, que é coma quen di materia para rexouba e sorna transformada nas terrazas a cuberto do orballo en leria e gargalladas, ofensas á presunción de inocencia, ao concepto da familia que reza unida ratea unida, ao misal, ao rosario (quen sabe, talvez, tamén produto de latrocinio?) e aos cartos baixo e no ladrillo. Repártense minutos de gloria ao torto e ao dereito: comisarios, deáns, alcaldes, presidentes e pobo: os tres estados medievais xuntos nun rectángulo de plasma ou led con subtítulos. Os pallasos esborranchan o sorriso plástico e a levita ante o espello do camerino, que o circo non morreu.
4 comentários:
La rapiña ya tiene un condenado, ahora faltan los que consiguieron legalizar la usura y el latrocinio a lo grande. Cuando así sea también haré fiesta.
Gana la selección y Rajoy compara el triunfo español con el ejemplo a seguir en Europa... Aparece la guía esta del camino a Santiago y se hace la foto cual comisario Cousteau... Circo, dices?... Magia potagia
Por aí e por aqui, está tudo fodido!
Está a meter água, água podre, e nós sem barco...
Enviar um comentário