terça-feira, 22 de novembro de 2011

Providencia

Cando falo polo baixo é cando digo as cousas máis importantes, cousas que nunca ninguén vai saber: o universo enteiro das persoas está perdido de ignorancia por carecer de ouvidos para a miña voz cando acorda. Por exemplo, ás veces, ilustro o vento ou trazo circunferencias onduladas entoando un re único e temperado. Os cans, que escoitan atentos estes meus deambulares fónicos, levantan moito as orellas e o nariz e sempre, sempre, abanan a cabeza cando coloco o punto final. Pode ser que despois saiamos de paseo ou non. Pode ser que despois eu lles agarime o peito e eles a min nada. Pode ser ou non ser que sexa a hora de cear, que as rutinas tenden a quebrarse pola escuridade dos extremos. O fundamental son as frases que pronuncio antes, con algún interrogante e varias exclamacións. Xa vin algún pardal emudecer de pasmo e cento doce grilos de ollos desorbitados (isto só acontece no verán) improvisaren unha orquestra que corrobora a consistencia do meu pensamento murmurado. É unha catástrofe enorme isto de eu falar e o mundo ser un ente xordo, pero se gritase, o meu corpo de louza barata escacharía e algún can podería ferir unha pata nunha lasca aguzada. Non queremos iso.

8 comentários:

ella disse...

O mundo está sordo de tanto oír. Ya se parece a Beethoven. Y ese re temperado suena bien.

Sun Iou Miou disse...

A Beethoven non lle facía falla ningunha ouvir. O re temperado faise volta e volta.

ella disse...

E un peixe?

Jonas disse...

Não queremos isso, a 'providência';
mas sempre será bom ter a previdência...
;)

condado disse...

Eu quero nin escoitar cando falo por baixo...

Sun Iou Miou disse...

Un peixe, depende, Ella.

Sun Iou Miou disse...

As previdências são para os previdentes, Jonas. Eu sempre tive um aquele de divina...

Sun Iou Miou disse...

Non me estraña, Condado. Eu tampouco te querería escoitar cando falas polo baixo.