quinta-feira, 3 de novembro de 2011

Medras

A pequena vai da man da nai. Como non entendo de proporcións entre corpos e anos, doulle oito. É unha idade idónea para unha criatura que pregunta e agarda respostas. No ceo, por riba das lámpadas do camiño, sorrí un fino risco branco de lúa. Se fose máis fino, ninguén o vería, talvez por isso a lúa pensou que ese era o tamaño mínimo en que un sorriso podía suscitar interese.

—A lúa vai engordar?

A nai responde unha ignorancia disimulada, un baleiro sen imaxinación. Dá desimportancias á lúa.

—Xa veremos —di a nai, arrastrando o erre e a preguiza.
—"Xa verremos"?
—...
—Que é "xa verremos"?
—De ver e de remos. Ver remos.

A lúa está querendo empreñar no ceo. Está querendo engordar para que a pequena vexa o futuro dentro dela. Sen evasivas. No pano océano da noite ábrese apenas nunha fenda fina, branca, coma un ce deseñado a trazo de pincel chinés en negativo. Nel, a lúa insinúase apenas para que a rapariga non desista de preguntar. De preguntar sempre até encontrar quen lle ofreza a ponte dunha resposta cara a outras dúbidas e as súas preguntas. Oxalá que a encontre antes que desaprenda a curiosidade e medre para muller con fillos que dá desimportancias á lúa.

5 comentários:

ella disse...

La sabiduría está en la pregunta de la pequeña, las sucesivas "educaciones" cercenan nuestra percepción infantil y sabia del mundo.(Con perdón)

Sun Iou Miou disse...

Pontifique usted así, doña Ella, que no solo se gana mi perdón, sino indulgencias plenas.

ella disse...

Gracias por el perdón y las indulgencias, desde que me hice maestra desconfío de la educación (reglada y obligatoria)

zé bento machado disse...

Poucas encontram...
Daí tantas luas pouco importantes.
ADOREI

Sun Iou Miou disse...

É verdade, Zé Bento, poucas encontram.

A culpa é dos candeeiros públicos. Há um excesso de luz nas ruas a ocultar o céu nocturno.

E bem-vindo a esta ponte.