Dóeme o corpo enteiro como nunca me doeu. Mentira. Doe como doe agora. Vou tomar un analxésico. E destruir cartas, conversas, pasados. Renego de min, do que fun. Tamén do que podía ser se. Viñeron cobrar o recibo mensual do seguro de morte. Non se debe deixar de pagar a non ser o día de autos. Pago, pois, relixiosamente. É agoirento sinal de descomposición futura (ou cinzas diluíndose pastosas na terra), antecipo do inferno.
P.S.: Conste que isto non ten nada que ver coa miña lección frustrada de voo.
Sem comentários:
Enviar um comentário