sexta-feira, 11 de maio de 2012

Almorzo

Están abertas todas as fiestras da casa. Aínda hai nada zoaba a xistra. Agora é preciso franquear o paso ao canto da poupa e as pitiños de pardello que reclaman, agoniosos, o almorzo. Está todo en calma. Non se move unha palleira. Dóeme todo aínda mais menos. Onte, no partido de hóquei, demostrouse que a dor é unha ilusión óptica. Quen sabe, de aquí a outros cincuenta anos, non estou (co pau xa dominado) de máxima goleadora en pista de xeo no inferno. Os vermes que me respecten. Vou alí botar unhas fragullas de pan à pardellada.