sábado, 4 de fevereiro de 2012
Non estou para ouvirte
Había moito que non ía a misa. Pensei que aquilo iría ser a presentación dun libro de poemas, acabou por ser un acto de adoutrinamento. Desobediencia disque era o título, e aí estaba eu, a renegar en silencio respectuoso, a tirar e enfiar (os dedos n)as luvas, cunha gana de saír xa mesmo da sala onde a propietaria da verdade e a palabra nos arengaba. Mentres, nós alí presos, ovellas mansas, de orellas gachas como cans apañados en falta (escura) que non cometeran. Até que, pronto, unha ten a paciencia do xénero ola-express e mandei o corpo á insubimisión: isto é, saín á rúa despedindo vapor... Aos poucos, amoreámonos os desterrados ao frío, fomos fumando un cigarro, unha pipa da paz, fotografamos instantes rigorosos e poemamos sobre as amizades comúns tan incomúns. Regresei á casa coa mochila cargada de papel impreso. Valeu.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Segues tan maleducada coma sempre, pois... ; )
A ver, es que eso de que te suelten una misa...
Enviar um comentário