terça-feira, 11 de maio de 2021

Ler e ser








Entrou na aula e sentou no recuncho máis afastado da porta. Abriu o ordenador e atento a todo canto se dicía escribiu a crónica do encontro, como un alumno aplicado na súa materia favorita. Así o recordo. E recordo tamén a tenrura e o entusiasmo que irradiaba mentres lía o que «fomos» eses tan poucos días.

O Sebastià Portell ten o don (a virtude, o poder...?) de escribir sempre un pouco por min. É iso o que fai, máis unha vez, neste ramo de ensaio-relatos que tiven o pracer de ir lendo na cama, no cuarto de baño, na sala de espera do médico, na parada do autobús, na terraza dun bar-de-estrada.
Quen le vai encontrar nestas páxinas que o Sebastià teceu algún retrinco de si, vaise encontrar no verbo escrito en pasado, en presente e tamén en futuro, porque existe a Núria e porque, ata o último instante, quen leu e le lerá no cuarto de baño.

Sem comentários: