Presentei hai días os meus papeis, cos números todos certiños a ocupar os cadros correspondentes. O almoxarife revisou as contas mediante unha calculadora que tiña ao lado e coa que tocaba unha música vertixinosa e estridente, tal que un piano desafinado en dó. Mirou para min e estendeu a man, aberta cara ao ceo.
—Ao César o que é do César —esixiu.
Paguei co único de valor que me restaba: os ollos.
Sem comentários:
Enviar um comentário