Pois esta noite, xente, tracei na escuridade o que puido ser, probablemente e sen medo a esaxerar, o mellor poema da literatura galega desde a Idade Media e, por tanto, universal e, atrévome a dicir, cósmica. Mágoa, cando me erguín, disposta a abraiar o mundo co meu poder creativo e soñándome xa coroada de laureis e forrada cos millóns do Nobel, non quedaban del nin os espazos interlineares. Non imaxinades canto o sinto por vós.
Sem comentários:
Enviar um comentário