―sábeno os faros―,
e entre tanto as aves
recollen ás, pacientes,
confiadas, pois nada poden
contra o sur, que impón
os desvaríos inestables
da súa ira.
Que unha das miñas cadelas me devorase onte, nun acto de resentimento vingativo, o Pedro Páramo que me acompañaba como libro de cabeceira desde hai décadas (prodixiosas), só porque marchei de paseo sen ela, faime dubidar sobre iso que se chama amor incondicional canino. Se quere guerra, vai ter guerra. Amiguiños si, pero…
Con todo, o que máis me entristece é que non lle debeu gustar moito, visto que non o papou enteiro.
Descorrer as cortinas,arrastrar o corpo fóra da cama,alimentalo, se se deixa,sentalo a producir caracteres,levalo para a cama a rastro,correr as cortinas.