Di a radio que hoxe acaba o sol para nós. Vén un temporal de chuvia e vento polo oeste. Cando a auga enchoupa a terra e as pólas das árbores aguantan a duras penas no sitio, sempre me pregunto onde se gorecen os paxaros, tan pequenos, tan ―en aparencia― fráxiles. E se cadra é iso, a pequenez deles, o que lles permite sobrevivir, refuxiados en calquera recuncho mínimo do mundo, cos seus diminutos anoraks de plumas e a súa paciencia colosal, ata que escampa.
Sem comentários:
Enviar um comentário