O que máis impresionaba non eran as alfombras, os tapices, as
lámpadas, senón os seres humanos que, inmóbiles, contribuían ao decorado, desprovistos
por contrato de sensibilidade, convertidos en obxectos, esculturas tricolores aferradas a unha arma inútil. Bonitos quedaban,
iso si. Vállanos a poesía dos seus corpos irtos a contrarrestaren as figuras
cincentas e reconcentradas, apostadas en cada canto, dos axentes de seguridade.
Sem comentários:
Enviar um comentário