domingo, 24 de fevereiro de 2013

Parábola

Un casco de cervexa lanzado a contra forte-vento-norte desde un coche describe unha traxectoria curva contraria á pretendida polo descerebrado que a lanza, isto é, non cae ao río para contaminacións futuras talvez do mar que é o morrer, antes, digo despois, voa por riba do vehículo que xa desapareceu da vista e descende vertixinoso sobre a beirarrúa sur da ponte pola que eu bicicleticamente circulo distraída dos perigos pois que a salvo cándida me cría de tránsitas ameazas para ir parar á bota en que rebota de volta á estrada, xusto a tempo de o escacharen, crach-cras-cris, os pneumáticos, pam-pfff-crgh, rachados do vehículo que lle pasou porriba.

3 comentários:

condado disse...

Parece unha canción de Drexler. A ponte debería ter no seu blog unha etiqueta propia. Bos días

Sun Iou Miou disse...

A ponte non é etiqueta mais parte indisoluble, espero.

Bos e fríos os días. A ver se morren de vez os carrachos.

Sun Iou Miou disse...

Agora que releo o texto, doume de conta: a influencia non vén de Drexler, (a quen non teño o pracer) mais do odiseico Ulises. Clinicamente demostrado no meu cadro psicótico: fía que fía, noite e día.