Cando saio da casa, noite aínda,
coxeo moito da alma
e dóenme as reviravoltas da mente,
perforada de insomnios.
Logo, camiña que camiña,
a luz agroma entre as nubes
e o frío, invisible e mordaz,
písame nos calcañares,
a sol e a sombra, indiferente.
Cando chego á casa, xa día,
apetéceme meter as mans,
sen aneis, no microondas
e seguir, talvez, viva.
sábado, 15 de novembro de 2014
quarta-feira, 5 de novembro de 2014
E duro e dálle
A tradución galega do Ulises de James Joyce, realizada por
Antón Vialle, Eva Almazán, Xavier Queipo e María Alonso Seisdedos,
recibiu o Premio Nacional a la Mejor Traducción de 2013 que outorga o Ministerio de
Educación, Cultura e Deporte de España.
(Desculpen que non exteriorice a miña alegría pero aínda estou baixo os efectos da gasosa e a lata de mexillóns en escabeche da celebración de onte.)
(Desculpen que non exteriorice a miña alegría pero aínda estou baixo os efectos da gasosa e a lata de mexillóns en escabeche da celebración de onte.)
Subscrever:
Mensagens (Atom)