quinta-feira, 19 de março de 2015

Para morrer de risa

Se as penas con pan son menos, os tumores con risa son nada. Polo menos é o que din uns elementos que viven do conto á conta de incautos (presuntamente, señorías, ollo... que a cacofonía é pura licenza apoética). Entre os lucrativos negocios da insanidade privada este debe de ser un dos mellores. E o que se aforra en líquido intravenoso e radiacións á toa. Porque xa postos a morrer, moito mellor morrer de risa e o diñeiro, que na cova non serve de nada, é preferible que quede nos petos dos «vivos».

P. S.: O que máis risa me dá é que a noticia estea etiquetada como «ciencia»: despois disto, teño vacina contra o cancro para anos.

1 comentário:

condado disse...

Levamos toda a vida aguantando a xente que se alimenta da miseria dos demás, curas, políticos, indianos e demás tipo de santones… Agora é porqué gastar en sanidade ciencia cando podemos rir… De risa si que é